
Nesta lingua, catedral dos sons,
resúltame sinxelo ser sirena,
abandonandome
no mar do teus sentidos,
e percorrer o teu corpo
navegante,
amodo, sentindo, desvestindo a noite
na complicidade das túas caricias
Nesta lingua, catedral dos sons,
resúltame sinxelo ser sirena,
abandonandome
no mar do teus sentidos,
e percorrer o teu corpo
navegante,
amodo, sentindo, desvestindo a noite
na complicidade das túas caricias
E sempre nosa lingua,
coa palabra ardente,
cando se queima a noite,
amante e insurxente
Sobre os meus pensamentos,
sobre os teus pensamentos
entre bicos latente,
galego simplemente