Non poñerei a imaxe do lume, non glosarei o lume, glosarei o rexurdimento
RAIÑA PODEROSA
Qué din os rumorosos, qué din
cando a costa non é verdescente
cando o delirante raio tórnase lume
na queimada das bágoas
asolagadas nos castros
O nunca mais das ánimas no bosque
o nunca mais ardente
daquela escura lembranza
Xa non hai verdor cinguido
e é intransitábel o aire pesado de cinza
O son do vento pecha nosas palabras
rogando a choiva que atrape o seu silencio
E qué arume arpado, qué son teñe a arpa
cando as ramas crebadas na saída
deixan saudade da terra inacabada
O reson coma unha ladaíña
cristalizando o seus camiños
Galicia non réndese
é valeroso chan
fogar ancestro
é a esencia gloriosa
da terra que non teme a adversidade
unha terra, raiña poderosa
compartindo
as novas sementes
resurxentes no outeiro dos seus días