
Mentres ela mergúllase nas augas
do mar
doente,
el queda co sal,
ocultando a escuma,
para que así lle demande,
rendida,
unha primavera de caricias.
El pensa que destruíndo algas
arremetendo contra a serenidade da area,
obterá derrubar a muralla dos seus ollos
Ainda que sexa mestre na estratexia
das súas cicatrices,
ignora,
que os seus pés descalzos
son capaces
de dobregar as rocas,
mudalas,
cal escudo.
Ela irase,
mollando a súa pel nas ondas,
e el
aínda
preguntarase o porqué.