O peito canso

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es gardening-2518377_1920.jpg

As mulleres teñen

 o peito canso

 e labregan as sombras

 para non esquecer

o son das árbores,

as fontes da auga,

a palabra afogada

das bágoas.

As mulleres teñen

o peito canso.

Elas que sosteñen a terra

 xunto aos seus homes,

coas súas mans,

 que os amaron entre o lume

e ensináronlle esconxuros.

Elas, víronse acaladas,

pola palabra falaz,

a tempa manchada,

acaladas.

As mulleres teñen

o peito canso,

e os seus homes

tamén choran,

e secan as súas bágoas,

 nunca deixaron de crer

 nas súas deusas.

Eles coñecen

os segredos

das raíces do carballo,

a herba, o orballo,

o verde misterioso

das follas.

Coñecen

que home e a muller

teñen a mesma madeira.

8 Comentarios

Responder a Manuela Cancelar respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s